Que queres atopar?

venres, 6 de marzo de 2026

Visita a Lugo

 O alumnado de Bacharelato e 4º da ESO fixo unha visita a Lugo o 3 de marzo. Pola mañá parte do alumnado visitou a Casa de Manuel María en Outeiro de Rei e outra parte foi ao centro de Artesanía e Deseño de Lugo, onde visitaron, principalmente, a parte adicada aos instrumentos musicais e tiveron a sorte de ter recibir explicacións dun luthier.





Pola tarde, todos os grupos acudiron a ver  a comedia romana Cásina de Plauto, representada por Noite Bohemia dentro do Festival de Teatro Grecolatino.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Premio Carmela Loureiro

 As alumnas de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato  Ariadna Martínez e Daniela García Barros resultaron premiadas no concurso de microteatr...