Co galo do día de Rosalía apareceu no no instituto un herario rosaliano diante da bibiloteca.
Que queres atopar?
martes, 24 de febreiro de 2026
Concurso de marcapáxinas
Hoxe repartiuse o marcapáxinas gañador do concurso polo día de Rosalía.
E ti xa tes o teu? Con que lectura vas estrealo?
Clube de lectura: Atlas
Hoxe foi un día con moita actividade cultural. Alén da charla de Helga Méndez, ao mediodía os integrantes do clube de lectura reunironse hoxe para comentar o poemario Atlas de Alba Cid. Este libro gañou o Premio Nacional de Poesía Joven "Miguel Hernández" en 2020. Houbo opinións diversas en torno aos textos, xa que non todos están afeitos a ler poesía. Por un lado, algúns atoparon problemas de comprensión. Por outro, apreciouse o ritmo sa súa escrita, as referencias metaliterarias... En calqueira caso, o encontro serviu para poñer en común diferentes pontos de vista e enriquecer a experiencia literaria.
Charla de Helga Méndez
A actriz ferrolá Helga Méndez estivo hoxe no noso instituto para darlle unha charla ao alumnado de Artes Escénicas. Entre outros temas, faloulles do seu percurso profesional, o teatro veciña, o teatro como ferramenta política...
luns, 23 de febreiro de 2026
Visita ao teatro Jofre
Por segundo ano consecutivo, o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes Escénicas visita o Jofre para coñecer a súa historia, a súa arquitectura, as partes do teatro...
mércores, 11 de febreiro de 2026
Charla de Rubén Ruibal
O 10 de febreiro tivemos o pracer de recibir no centro a dramturgo Rubén Ruibal, premio Nacional de Literatura Dramática en 2007 por Limpeza de sangue, texto que tivo que ler o alumnado de Artes Escénicas. O autor partillou co alumnado a súa experiencia e respondeu as súas preguntas sobre o libro. E, por suposto, finalizou asinando exemplares aos estudantes.
Agradecemos a Rubén a súa participación e á doazón que fixo á biblioteca de varias obras súas.
Novos carteis na biblioteca
O equipo da bibblioteca está a traballar a reo este ano e colou carteis para que o alumnado lle sexa máis doado identificar onde están os l...
-
O 22 de maio Tixuca representou no Jofre A lección de Ionesco con moito éxito. Deixamos aquí unhas fotos feitas pola nosa compañeria Rocío ...
-
Para festexar o día do libro, o Grupo de Biblioteca convoca tamén un concurso literario. Gústache escribir? Anímate a participar
-
Por terceiro ano consecutivo, o alumnado de Tixuca e Artes Escénicas e o do conservatorio colaboran na celebración dun recitado poético. Un...









