As alumnas de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato Ariadna Martínez e Daniela García Barros resultaron premiadas no concurso de microteatro Carmela Loureiro. Ariadna acadou o primeiro premio e Daniela, un accésit. Ambas acudiron á entrega de premios no Torrente Ballester.
Que queres atopar?
venres, 26 de xuño de 2026
mércores, 24 de xuño de 2026
A nosa biblioteca
A nosa biblioteca vai introducindo novos cambios a modiño. Estes días apareceu un sofá novo e unha estanteria.
martes, 23 de xuño de 2026
Tixuca nas ondas en Radioafónica
Este curso Tixuca nas ondas entrevistou a Paula Carballeira, Mabel Rivera, Rubén Ruibal e Helga Méndez. Os catro son persoas relacionadas coas artes escénicas que viñeron a dar charlas ao alumnado de Artes Escénicas e tiveron a amablidade de participar nas entrevistas de Tixuca.
Podedes escoitalas aquí:
mércores, 17 de xuño de 2026
luns, 15 de xuño de 2026
Clube de lectura: A trenza
A última sesión do clube de lectura de aldultos estivo destinada á A trenza de Laetitia Colombani, unha novela que entrelaza tres historias de tres mulleres. En xeral, gustou moito. Os participante apreciaron que a historia está ben construída e é doada de ler.
E ti queres descubrir esta historia? Pasa pola biblioteca.mércores, 10 de xuño de 2026
Despedida dos clubes de lectura
Onte fixeron a sesión de despedida os clubes de lectura do estudantado. Comeron unhas pizzas e disfrutaron da película O castelo ambulante.
martes, 9 de xuño de 2026
Picnic en radioafónica
Xa podedes escoitar a vesión radiofónica de Pic-nic de Fernanto Arrabal interpretada por Tixuca.
martes, 2 de xuño de 2026
Grupo de mediación
Este martes o grupo de mediación tivo unha sesión distendida, con comida e xogos, para finalizar as sesións de preparación de mediadores.
Premio Carmela Loureiro
As alumnas de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato Ariadna Martínez e Daniela García Barros resultaron premiadas no concurso de microteatr...
-
Parte do alumnado de 3º e 4º da ESO visitou Pontedeume para redescubrir a vila da man dos estudantes de oratoria de 3º da ESO do IES Bréamo...
-
Para festexar o día do libro, o Grupo de Biblioteca convoca tamén un concurso literario. Gústache escribir? Anímate a participar
-
Co galo do día do libro, o grupo da Biblioteca do IES Ricardo Carvalho Calero convoca o I Concurso Fotografando lectores. Animaste a partic...










