Que queres atopar?

martes, 28 de outubro de 2025

Danzas da morte

 Co galo de celebrar o nacemento de Carvalho Calero, Tixuca volveu participar no Recitado poético que  se celebra todos os anos no Centro Cultural Carballo Calero.  Este ano o grupo levou unha danza da morte castelá traducida ao galego. Ademáis do recitado, incorporouse danza e música (interpretaron Sono io la morte de Angelo Branduardi).

Agradecemos ao profesorado e estudantado de peiteado e  estética a súa axuda na caracterización. 



 





domingo, 26 de outubro de 2025

Samaín na biblioteca

 A biblioteca estase a preparar para o Samaín. Xa viches a decoración?

 



Temos un novo axudante na biblioteca ;P 


 

Pasa pola biblioteca a escoller un libro "terrorífico"

martes, 21 de outubro de 2025

Concurso de epitafios

 Desde a Esquipa de Dinamización lingüistica, propuxeron un concurso de epitafios para o Samaín. Aquí tede algúns exemplos do que están a entregar os estudantes.







 

luns, 6 de outubro de 2025

O outono chegou á nosa bibioteca


 Pásade pola biblioteca e, mentres escolledes un libro, disfrutade do ambiente outonal  que temos este ano.

Os nosos parabéns a Susana Torres polo traballo realizado na decoración da biblioteca.
 

Novos carteis na biblioteca

 O equipo da bibblioteca está a traballar a reo este ano e colou carteis para que o alumnado lle sexa máis doado identificar onde están os l...