As alumnas de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato Ariadna Martínez e Daniela García Barros resultaron premiadas no concurso de microteatro Carmela Loureiro. Ariadna acadou o primeiro premio e Daniela, un accésit. Ambas acudiron á entrega de premios no Torrente Ballester.
IES Ricardo Carvalho Calero
Blog do IES Ricardo Carvalho Calero de Ferrol.
Que queres atopar?
venres, 26 de xuño de 2026
mércores, 24 de xuño de 2026
A nosa biblioteca
A nosa biblioteca vai introducindo novos cambios a modiño. Estes días apareceu un sofá novo e unha estanteria.
martes, 23 de xuño de 2026
Tixuca nas ondas en Radioafónica
Este curso Tixuca nas ondas entrevistou a Paula Carballeira, Mabel Rivera, Rubén Ruibal e Helga Méndez. Os catro son persoas relacionadas coas artes escénicas que viñeron a dar charlas ao alumnado de Artes Escénicas e tiveron a amablidade de participar nas entrevistas de Tixuca.
Podedes escoitalas aquí:
mércores, 17 de xuño de 2026
luns, 15 de xuño de 2026
Clube de lectura: A trenza
A última sesión do clube de lectura de aldultos estivo destinada á A trenza de Laetitia Colombani, unha novela que entrelaza tres historias de tres mulleres. En xeral, gustou moito. Os participante apreciaron que a historia está ben construída e é doada de ler.
E ti queres descubrir esta historia? Pasa pola biblioteca.mércores, 10 de xuño de 2026
Despedida dos clubes de lectura
Onte fixeron a sesión de despedida os clubes de lectura do estudantado. Comeron unhas pizzas e disfrutaron da película O castelo ambulante.
martes, 9 de xuño de 2026
Premio Carmela Loureiro
As alumnas de Artes Escénicas de 2º de Bacharelato Ariadna Martínez e Daniela García Barros resultaron premiadas no concurso de microteatr...
-
Parte do alumnado de 3º e 4º da ESO visitou Pontedeume para redescubrir a vila da man dos estudantes de oratoria de 3º da ESO do IES Bréamo...
-
Para festexar o día do libro, o Grupo de Biblioteca convoca tamén un concurso literario. Gústache escribir? Anímate a participar
-
Co galo do día do libro, o grupo da Biblioteca do IES Ricardo Carvalho Calero convoca o I Concurso Fotografando lectores. Animaste a partic...








