Hoxe reuniuse o clube de lectura para comentar O home que prantaba árbores de Jean Giono.
Trátase dun conto alegórico (ou parábola xudeucristiá, como o definiu un dos participantes) que narra os esforzos dun pastor para convertir un val desolado nunha fraga.
En xeral, a lectura gustou os participantes que sinalaron, entre outros aspectos a súa accesibilidade para todas a idades e a aprendizaxe de novo vocabulario.
E ti queres descubrir este conto? Pasa pola biblioteca; temos varios exemplares.









