Que queres atopar?

martes, 29 de abril de 2025

Visita ao Jofre

 O alumnado de Artes Escénicas foi visitar o teatro Jofre para coñecer todos os seus recunchos e aprender curiosidades como, por exemplo,  por que algúns palcos son coñecidos como "palcos de viúvas".

Puideron coñecer o espazo para os ensaios, o escenario, o balcón...







Como anécdota, hai que sinalar que estaban no patio de butacas cando se produxo o gran apagón, que nos deixou unhas horas sen luz, e houbo que acabar a visita coas lanternas dos móbiles.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Novos carteis na biblioteca

 O equipo da bibblioteca está a traballar a reo este ano e colou carteis para que o alumnado lle sexa máis doado identificar onde están os l...