Que queres atopar?

xoves, 27 de febreiro de 2025

Un entroido de película

Este ano a temática do entroido foi o cine. Durante a xornada do 27 de febreiro vimos desfilar polo centro moitos personaxes cinemetgráficos. O grupo gañador do festival foi o de 2º de Bacharelato A, quen ía disfrazado de Grease e prepararon unha canción relacionada coas temidas PAU.



Foi unha final moi reñida porque os alumnos de ciclos tamén o fixeron moi ben coa súa caracterización de Shrek.



E durante toda a xornada fumos vendo pulular diferente personaxes polo centro. Recoñeces a todos?



Moitas das películas están baseadas en libros? Animaste a coller as historias orixinais na biblioteca e lelas?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Clube de lectura: As alumnas

 Co galo da visita de Paula Carballeira ao centro, o clube de lectura leu a peza teatral As alumnas, premio Nacional de Literatura Dramática...