O alumnado de Artes Escénicas foi visitar o teatro Jofre para coñecer todos os seus recunchos e aprender curiosidades como, por exemplo, por que algúns palcos son coñecidos como "palcos de viúvas".
Puideron coñecer o espazo para os ensaios, o escenario, o balcón...
Como anécdota, hai que sinalar que estaban no patio de butacas cando se produxo o gran apagón, que nos deixou unhas horas sen luz, e houbo que acabar a visita coas lanternas dos móbiles.