Que queres atopar?

luns, 31 de marzo de 2025

Concurso literario: relato curto e microteatro

 Para festexar o día do libro, o Grupo de Biblioteca convoca tamén un concurso literario.

 Gústache escribir? Anímate a participar





I Concurso Fotografando lectores

 Co galo do día do libro, o grupo da Biblioteca do IES Ricardo Carvalho Calero convoca o I Concurso Fotografando lectores. Animaste a participar?




venres, 28 de marzo de 2025

LLamas del Destino de Gabriela Rodríguez Sayar

Hoxe Gabriela Rodríguez Sayar, alumna do centro,  presentou no instituto a súa primeira novela, Llamas del destino, un libro de aventuras destinado principalmente a un público adolescente.


Gabriela falou da novela, do proceso de publicación..., ante un salón de actos abarrotado.


 A presentación rematou cunha rolda de preguntas e a sinatura dos libros.


 


Podedes ler a entrevista que lle fixeron no Diario de Ferrol aquí:

Entrevista a Gabriela Rodríguez Sayar no Diario de Ferrol 

xoves, 27 de marzo de 2025

Día Mundial do Teatro

 Feliz Día Mundial do teatro! Animamosvos a pasardes pola sección de teatro da biblioteca e a ir ao teatro.

Deixamos aquí o manifesto do 2025, do que se encargou nesta ocasión o director grego 

Theodoros Terzopoulos:



«¿Puede el teatro escuchar la llamada de socorro que nuestros tiempos están enviando, en un mundo de ciudadanos empobrecidos, encerrados en celdas de realidad virtual, atrincherados en su asfixiante privacidad? ¿En un mundo de existencias robotizadas dentro de un sistema totalitario de control y represión que atraviesa todo el espectro de la vida?

¿Está el teatro preocupado por la destrucción ecológica, el calentamiento global, la pérdida masiva de biodiversidad, la contaminación de los océanos, el derretimiento de los casquetes polares, los incendios forestales cada vez más frecuentes y los fenómenos climáticos extremos?

¿Puede el teatro convertirse en una parte activa del ecosistema? El teatro lleva años observando el impacto humano sobre el planeta, pero le resulta difícil abordar este problema.

¿Está el teatro preocupado por la condición humana tal y como se está configurando en el siglo XXI, donde el ciudadano es manipulado por intereses políticos y económicos, redes mediáticas y empresas formadoras de opinión?

¿Dónde las redes sociales, tanto como las facilitan, son el gran pretexto para la comunicación, porque proporcionan la distancia segura necesaria frente al otro? Un sentido generalizado de miedo al otro, al diferente, al extranjero, domina nuestros pensamientos y nuestras acciones.

¿Puede el teatro funcionar como un taller para la convivencia de las diferencias sin tener en cuenta el trauma sangrante? El trauma sangrante nos invita a reconstruir el mito. Y, en palabras de Heiner Müller, “El mito es un agregado, una máquina a la que siempre se pueden conectar nuevas y diferentes máquinas. Transporta la energía hasta que la velocidad creciente explota el campo cultural”, y yo añadiría el campo de la barbarie.

¿Pueden los focos del teatro iluminar el trauma social y dejar de arrojar luz engañosamente sobre sí mismo? Preguntas que no permiten respuestas definitivas, porque el teatro existe y perdura gracias a las preguntas sin respuesta.

Preguntas que lanza Dionisio, pasando por su lugar de nacimiento, la orquesta del antiguo teatro, y continuando su silencioso viaje de refugiado a través de paisajes de guerra, hoy, en el Día Mundial del Teatro. Miremos a los ojos de Dionisio, el dios extático del teatro y el Mito que une el pasado, el presente y el futuro, el hijo de dos nacimientos, de Zeus y Sémele, proyector de identidades fluidas, femeninas y masculinas, airado y bondadoso, divino y animal, en el límite entre la locura y la razón, el orden y el caos, un acróbata en la frontera entre la vida y la muerte.

Dionisio plantea una pregunta ontológica fundamental: “¿De qué se trata todo esto?”, una pregunta que impulsa al creador hacia una investigación cada vez más profunda sobre la raíz del mito y las múltiples dimensiones del enigma humano.

Necesitamos nuevas formas narrativas orientadas a cultivar la memoria y dar forma a una nueva responsabilidad moral y política que surja de la dictadura multiforme de la Edad Media contemporánea».

THEODOROS TERZOPOULOS

venres, 21 de marzo de 2025

Día Mundial da Poesía

 Durante a 30ª Conferencia Xeral, a Unesco decidiu conmemorar o día mundial da poesía o 21 de marzo e celébrase desde o ano 2000.  A data non foi escollida ao azar, xa que coincide co equinocio de primavera.

Que mellor maneira de celebrar este día que lendo poesía? Anímaste a pasar pola sección de poesía da nosa biblioteca?


Aquí vos deixamos algúns poemas lidos no último recitado poético:

Porca miseria


Polas noites xorden entre o lixo E folgan

Extrañas criaturas da xeración do desperdicio. Teñen figura humana.

Ninguén diría que carecen de conciencia.

Descenden da escoria neoliberal

dos detritos que emporcan os ríos e os mares dos velenos mortíferos

dos fumes de fascismo que saen das chemineas das fábricas da explotación.

Son seres que consumen. Obedecen ordes de destrucción.


¡Porca Miseria!

¡Fuma, fuma, cheminea de tos

enche de fume a atmósfera para non ver o lixo. Tira ao chan cabichas ardentes de desprecio.

Enterra as cabichas na area da praia coma se fosen minas persoais.

Chegarán criaturas confiadas a xogar con elas na area.

Virán bebés gateando a rillar tabaco que explotará nos seus estómagos

para adaptarlles as vísceras a un futuro noxento.

¡Fuma, fuma! ¡Árdelle o lixo! ¡Queima papeleiras!

¡Porca Miseria!


¡Tira todo!, titi. Non respetes nada. Patea as latas de cocacola con despeito.

Lanza botellas de cervexa coma granadas de man. Tira plástico.

Implícate no plástico e baila. Plastifícate e fai que te divirtes. Rap, ¡resiste!, rip.

A coca non é a de Redondela. Resiste movida de weekend end endemoniado.

Vomita arrogancia polas vellas pedras da cidade. Liga.

Inspira gasoil como perfume sexual. Abrázate no ludibrio.

Consume sexo con fume con droga con saña. Consuma a cópula do weekend end endogamia sórdida.

Amantes lúbricos do petróleo.

Parirán residuos dun amor postmoderno. Só o fascismo pode salvalos.

¡Porca Miseria!


Os restos da festa son coma detritos do campo de batalla. Refugallos de morte.

Síndrome de alcohol.

O silencio despois do barullo aterrador. Vermes saíndo dos vasos de plástico.

Caveiras que son latas. Litronas que son misiles.

Arden contenedores. ¡Árdelle o lixo!

Virán gaivotas como preas atraídas pola inmundicia.


¡Porca Miseria!


Polas mañás, extraños seres da xeración do desperdicio saen das casernas

e poñen os cans a cagar enriba da apocalipse. Lixo sobre lixo.

A morte arremete coa gadaña emporcallada.

O lixo avanza como un holocausto que arrasa a vida.

O lixo golpea coma o egoísmo e a insolidariedade humana. O lixo lixa as conciencias coma a peste.

Virán as ratas do fascismo a roer o desastre.

¡Han vir!

¡Porca Miseria!



PANDEIRADA DAS TRES CEREIXAS

Eu oio as frecuencias do teu nome cando nada se pronuncia.


Escoito as voces que non se alzan

pero que camiñan descalzas enriba da fariña e vexo vir as súas pegadas do pasado

e véxoas alampadas mirándome

coma se eu fose un ser remoto do futuro.



Non creo na alma

pero a túa fai ruídos no meu tímpano

peta dentro das gotas dun ballón no meu lugar natal espértame pola noite

cantando a pleno pulmón un silencio tan antigo que case me doe a alma na que non creo ó oílo.


O meu peito é un moucho á espreita

e ó ritmo dos teus pasos entrego toda a miña dozura ós seres errantes

que trafican con ferro e felicidade á sombra dun carromato

sen se deter

sen se deter sequera

baixo a miña caixa torácica

para se refuxiar da chuvia batendo palmas.


Reconécenme os instrumentos de corda coma unha delas eu sigo atándome ós feixes guiada por unha man

que se retorce co frío na éxtase da artrose. mírame ben

non son outra ca pastora de seis anos dialogando co ar e tres cereixas.

Por iso son capaz

de oír as frecuencias do teu nome unha por unha

cando nada se pronuncia

e inda retumba no meu peito a cóncava distancia do compás co que te amo.


O meu peito é un moucho á espreita mírame

mírame ben

que non son outra cá pastora de seis anos dialogando co a r

e tres cereixas. (Olga Novo, Cráter)

Tiven medo de bogar, tiven medo de auga crara.

Anque fora cuns bos remos anque fora na mar calma,

¡non bogaba!, ¡non bogaba! O medo xa non sei del.

Xa secou aquel mar longo. E sin saber donde veu,

si é doutro ou é meu, navego nun mar de fondo


(María Mariño de Palabra no tempo)



xoves, 20 de marzo de 2025

Recitado poético: poetas galegas

 Un ano máis o alumnado do conservatorio e o alumnado de Tixuca e Artes Escénicas colaboraron nun recitado poético no que, neste ocasión, as homanexeadas foron as poetas galegas. En concreto, o noso alumnado puxo música e voz a poemas de Medos Romero, María Mariño, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Marilar Alexandre, Eva Veiga, Olga Novo e Rosalía de Castro.















Agradecemos a colaboración do conservatorio Xan  Viaño, do alumnado de estética (maquillaxe) e de TIC (cartelería, programa de man...)





martes, 18 de marzo de 2025

La taberna de Silos

 Os clubes de lectura permiten poñer en común unha lectura e apreneder a través dos coñecementos e puntos de vista doutros lectores. Este martes o  grupo de lectura reuniuse  para comentar a novela La taberna de Silos de Lorenzo G. Acevedo.

A historia está ambientada no século XIII e narra as aventuras de Gonzalo de Berceo, a quen lle encargan ir ao monasterio de Silos a copiar un manuscrito. Pero hai outro intereses por medio e varios crimes que o fraile intentará comprender.




Persoal docente, non docente e pais do estudantando comentaron a obra, na que atoparon similitudes con O nome da rosa. Atoparon algún anacronismo histórico e valoraron as descripcións sobre o proceso producción do viño ou da copia de manuscritos.



  Animaste a coller o libro na nosa biblioteca e descubrir esta historia ficticia protagonizada por Gonzalo de Berceo?


luns, 17 de marzo de 2025

III Recitado poético

 Por terceiro ano consecutivo, o alumnado de Tixuca e Artes Escénicas e o do conservatorio colaboran na celebración dun recitado poético. Uns compoñen a música e outros recitan.




Pontedeume de lenda

 Parte do alumnado de 3º e 4º da ESO visitou Pontedeume para redescubrir a vila da man dos estudantes de oratoria de 3º da ESO do IES Bréamo.  Estes levaron de roteiro aos nosos alumnos e foron contándolles diversas lendas relacionadas coa súa vila. Así, rededescubrimos Pontedeume a través da literatura oral.





Agradecemos ao profesorado e alumnado do IES Bréamo a organización dunha actividade tan interesante.


xoves, 13 de marzo de 2025

Cristina Moreira

 Hoxe visitounos a actriz, directora e activista cultural Cristina Moreira. Ofreceu unha charla ao alumnado de Artes Escénicas na que falou principalmente do festival Fóra do mapa, pero tamén doutras cuestións relacionadas coas artes escénicas.



Agradecemos a Cristina o tempo adicada e  a súa boa disposición á hora de responder ás preguntas do noso alumnado.

Virtudes (e misterios)

Os integrantes do clube de lectura reunironse para comentar Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, premio nacional de narrativa 2021. Na no...