Que queres atopar?

xoves, 27 de febreiro de 2025

Un entroido de película

Este ano a temática do entroido foi o cine. Durante a xornada do 27 de febreiro vimos desfilar polo centro moitos personaxes cinemetgráficos. O grupo gañador do festival foi o de 2º de Bacharelato A, quen ía disfrazado de Grease e prepararon unha canción relacionada coas temidas PAU.



Foi unha final moi reñida porque os alumnos de ciclos tamén o fixeron moi ben coa súa caracterización de Shrek.



E durante toda a xornada fumos vendo pulular diferente personaxes polo centro. Recoñeces a todos?



Moitas das películas están baseadas en libros? Animaste a coller as historias orixinais na biblioteca e lelas?


mércores, 26 de febreiro de 2025

Cambios na biblioteca

 O equipo da biblioteca está a traballar arreo para mellorar as instalacións. Ademáis de ir catalogando os libros, onte nos sorprenderon cun rincón lector con puffs nos que poder sentar comodamente a ler. Que vos parece? 





luns, 24 de febreiro de 2025

Visita a Penteo Films

 O pasado 11 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato visitou o estudo de dobraxe Penteo.  Ali aprenderon como funciona a dobraxe e incluso tiveron a oportunidade de facer unha pequena proba, dobrando fragmentos de O rei león.






Agradecemos a Jose Polo a súa boa disposición e boa recepción.

Virtudes (e misterios)

Os integrantes do clube de lectura reunironse para comentar Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga, premio nacional de narrativa 2021. Na no...