Que queres atopar?

martes, 25 de novembro de 2025

25N

 Hoxe os alumnos traballaron  a problemática da violencia de xénero cunha actividade de titoría que lles convidaba a reflexionar sobre os mitos do amor romántico


 

martes, 18 de novembro de 2025

Clube de cómic

 Xa comezaron funcionar os clubes de lectura da biblioteca. Un dos máis solicitados é o de cómic, que dirixe o noso compañeiro Miguel Pérez.


 Animaste a descubrir as historias que propoñen este ano?

luns, 10 de novembro de 2025

Semana da ciencia

 Para conmemorar a semana da ciencia, a bibioteca preparou unha selección de lecturas. Pasa a botar un ollo. 


 

Clube de lectura: As alumnas

 Co galo da visita de Paula Carballeira ao centro, o clube de lectura leu a peza teatral As alumnas, premio Nacional de Literatura Dramática...