Co galo da visita de Paula Carballeira ao centro, o clube de lectura leu a peza teatral As alumnas, premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Mentres tomaban un café acompañado dalgún doce, os membros comentaron a obra: a figura de María Barbeito, os diferentes temas que se tocan ... Neste caso todos disfrutaron da lectura.
IES Ricardo Carvalho Calero
Blog do IES Ricardo Carvalho Calero de Ferrol.
Que queres atopar?
venres, 30 de xaneiro de 2026
xoves, 29 de xaneiro de 2026
Charla con Mabel Rivera
O pasado 27 de xaneiro tivemos o pracer de contar no noso centro coa actriz ferrolana Mabel Rivera.
Mabel mantivo unha charla co alumnado na que lles falou da súa traxectoria profesional e do mundo da interpretación. Insistitulles en que o traballo nas artes escénicas non consistía na alfombra vermella senón nun traballo real de ensaios, preparación...
martes, 27 de xaneiro de 2026
Novas portas para a biblioteca
O grupo de decoración da biblioteca está a traballar arreo este ano. Vichedes como están forradas as portas da biblioteca? É un convite á convivencia.
martes, 20 de xaneiro de 2026
Paula Carballeira
O pasado 20 de xaneiro Paula Carballeira acudiu ao centro para ter un encontro co alumnado de Artes Escénicas a quen lles explicou o proceso de creación de As alumnas. Ademáis respondeu a todas as dúbidas e curiosidades que tiñan sobre o libro.
luns, 12 de xaneiro de 2026
Exposición de historia
Estes días temos na entrada, enfrente da biblioteca, unha exposición sobre a Idade Media preparada polo profesor de Historia Andrés Rodríguez e parte do seu alumnado.
A nosa biblioteca
Grazas a Susana Torres os usuarios da biblioteca disfrutan este ano de pequenos detalles que fan deste espazo un lugar máis acolledor. Pasade a buscar un libro e aproveitade para descubrilos.
Hora de ler
No segundo trimestre continuamos coa hora de ler co obxectivo de afianzar un hábito tan necesario entre o noso alumnado.
Clube de lectura: As alumnas
Co galo da visita de Paula Carballeira ao centro, o clube de lectura leu a peza teatral As alumnas, premio Nacional de Literatura Dramática...
-
O 22 de maio Tixuca representou no Jofre A lección de Ionesco con moito éxito. Deixamos aquí unhas fotos feitas pola nosa compañeria Rocío ...
-
Co galo do día do libro, o grupo da Biblioteca do IES Ricardo Carvalho Calero convoca o I Concurso Fotografando lectores. Animaste a partic...
-
Para festexar o día do libro, o Grupo de Biblioteca convoca tamén un concurso literario. Gústache escribir? Anímate a participar






